Novas estratexias integradas para reducir o impacto negativo dos pesticidas a través do proxecto NOVATERRA

  • Durante 4 anos, 19 socios procedentes de 6 países traballarán na redución do uso de pesticidas aplicados ao viñedo e oliveiral en rexións mediterráneas.
  • FEUGA organizará ao longo do proxecto dous eventos cos grupos de interese galegos.

Santiago, 11 de novembro de 2020.- O pasado 27 de outubro, os socios de NOVATERRA reuníronse telemáticamente para lanzar oficialmente un novo proxecto de investigación e innovación co obxectivo da creación dun enfoque 360º para garantir a seguridade alimentaria e o acceso a unha alimentación sa para unha poboación crecente, seguindo as directivas e prioridades da U.E en materia de uso sostible de pesticidas. Para iso, o proxecto conta cun orzamento de máis de 5,5 millóns de euros e recibiu unha axuda de máis de 4,8 millóns de euros por parte da Comisión Europea, a través do programa Horizon 2020.

A través dunha serie de casos de estudo en campos de oliveiras e viñedos mediterráneos, desenvolveranse novas estratexias sostibles e integradas, que sexan viables técnica e económicamente para distintos sistemas de cultivo, co fin de eliminar ou reducir significativamente o uso e o impacto negativo dos pesticidas máis perxudiciais.

O consorcio NOVATERRA está liderado polo Institut de Recerca i Tecnologia Agroalimentàries (IRTA) que traballará durante os vindeiros 4 anos da man de outras 18 entidades, entre as que se atopan a Plataforma Tecnolóxica do Viño ao frente da comunicación e difusión dos resultados do proxecto en España. FEUGA organizará en Galicia dous eventos dirixidos aos grupos de interese galegos, debido a ampla experiencia na xestión de diversos grupos operativos autonómicos no eido do viño.

Co obxectivo fundamental de reducir a contaminación ambiental e o dano causado a organismos non-obxectivo, así como mellorar a sostibilidade económica dos agricultores mediterráneos, expertos de 6 países (España, Portugal, Francia, Italia, Grecia e Bélxica) abordarán un plan de traballo estruturado en tres enfoques chave:

  1. Produtos naturais e alternativos para a protección das plantas (biopesticidas e bio-control)
  2. Unha plataforma de agricultura intelixente para unha maior precisión na aplicación de pesticidas.
  3. Novas técnicas de xestión do solo, estratexias de biodiversidade funcional e robótica para a xestión de malas herbas co fin de conseguir cultivos máis sans.

Ademáis, NOVATERRA creará unha rede de grupos de interese involucrando, non só a agricultores, senon tamén a outros axentes relevantes do sector do viño e oliveiral para que poidan participar ao longo do proxecto, aportando suxerencias e recomendacións específicas.

As solucións previstas estarán aliñadas coas necesidades actuais do mercado, a sensibilidade dos consumidores, a lexislación europea actual e vindeira, así como coa capacidade de inversión tan diversa existente entre os agricultores e productores das distintas rexións mediterráneas. É por iso, que NOVATERRA adaptarase ás distintas rexións edafoclimáticas, permitindo que os agricultores poidan mellorar as súas estratexias de manexo integral de pragas, protexendo os seus viñedos contra mildiu, botritis e polilla do racimo, así como ás súas oliveiras contra o repilo, a mosca da froita, polilla da oliveira e a cochinilla negra.

More information about the project:
Felicidad de Herralde
NOVATERRA Project Coordinator 

Mail: felicidad.deherralde@irta.cat
Tel: 902 789 449- ext.1330 / 675 788 982

Social Media :
Facebook: NovaTerraEUproject
Twitter: @NOVATERRA19
LinkedIn: novaterra-project